25.3.12

Darío Fo no "Vaidelibros"




O pasado 14 de marzo no “Vaidelibros” comentouse a obra Morte accidental dun anarquista, do actor, cómico e dramaturxo italiano Darío Fo.


Da obra en si, que foi analizada polo miúdo, salientouse o seu carácter de obra política, con grandes doses de sátira e ironía, sen que por iso perdesen importancia os artificios teatrais, pois a opinión unánime é que se trata dunha obra teatral "redonda", que a todos lles gustou, mesmo a aqueles que nos gustan de ler teatro. Unha vez situada no seu contexto, finais dos anos 60 do século pasado en Italia, púxose de manifesto o xogo cómico da obra (o protagonista é un tolo, maníaco dos disfraces, quen mediante a lóxica do paradoxo trata de destruír a lóxica dos "sans"), pois as situacións cómicas son moi numerosas na obra. Todo isto sen esquecer a crítica social e política presenta na obra, manifestada denuncia dos abusos de poder da policía e os gobernos, no clasismo da sociedade, a crítica a Igrexa, aos xuíces, as referencias aos escándalos purificadores... En fin, unha obra que merece ser lida e sobre todo ser vista pois a estrutura teatral é perfecta.
Moi satisfeitos quedamos coa boa acollida da lectura de teatro pois era un xénero que tiñamos ganas de abordar.

Pepe Tilves-Profesor participante do Club


No hay comentarios: