2.1.12

Xoán Bernárdez Vilar no IES de Rodeira



O pasado 1 de decembro o escritor Xoán Bernárdez Vilar, autor de máis dunha vintena de libros e con numerosos premios no seu haber, veu ao noso instituto darlle unha charla-coloquio a parte do alumnado de 1º de Bacharelato sobre a súa obra “No ano do cometa”, novela histórica ambientada no século XI, que trata da participación dos galegos na conquista de Inglaterra.
Despois dunha breve presentación, o autor fixo referencia ás distintas edicións coas que xa conta a súa obra e á importancia de documentar ben toda a información que aparece recollida na novela, para disertar despois sobre a diferenza entre a novela histórica e a historia novelada. O autor foi explicando sobre un mapa de Europa as claves interpretativas da súa novela, salientando os distintos feitos históricos que aparecen recollidos nela (o cometa Halley, o camiño de Santiago, a morte de Roldán, o rei Artur…). O alumnado asistente participou activamente facéndolle ao autor numerosas preguntas tanto referidas á trama da propia novela coma ao oficio de escritor.
Finalmente, o autor asinoulles unha dedicatoria a aqueles alumnos que acudiron á charla co seu libro, e tamén asinou no libro de honra da biblioteca do centro.


Pepe Tilves- Profe de galego e amigo do escritor

No hay comentarios: