20.12.11

O pirata Bala perdida co alumnado de 1º e 2º ESO


Despois da lectura das aventuras de Bala perdida, do escritor Manuel Rivas, o Club de Lectura de 1º e 2º da ESO reuniuse na biblio para falar do libro.
A opinión máis xeralizada foi que a obra resultou ser un pouco simple para as expectativas que se formaran. Os comentarios positivos centráronse na personaxe feminina, pola súa afouteza e independencia.

Probamos tamén a darlle un nome ao grupo e, no medio de certo caos, resultou que a proposta máis botada foi "Galletas de letras". Veremos na sesión próxima se se corrobora a escolla.

E como xa andabamos no tempo de Nadal, aproveitamos para agasallar aos membros do club cun libro ou caderno que esperamos que o estean a disfrutar.


Citámonos para principios de febreiro para falarmos de calquera unha das obras de Rald Dahl que teñamos en galego. A disfrutar con un dos grandes da literatura!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Sendo unha das presentes na reunión coincido co dito de que o libro foi moi sinxelo, pero non estivo mal.