8.6.11

Pensamentos vagos

Hoxe a biblioteca estaba algo triste. Apenas había xente nas horas de horario lectivo: faltaba o alumnado de 2º de bacharelato!
Ben é verdade que non houbo que mandar gardar silenzo, recordar de colocar as cadeiras, pedir que se pechase a porta,... porque... faltaba o alumnado de 2º de bacharelato!
Desas horas estaban a facer un exame moi importante nun novo centro, lonxe de Rodeira e co ánimo posto en resolver probas, unha tras outra.
Nós, dende esa biblioteca que foi súa durante todos estes anos, desexámoslles o maior éxito no selectivo e estamos certos de que as horas pasadas alí van dar o seu froito.
Ánimo e non esquezades que o mundo está cheo de bibliotecas!

1 comentario:

arcounago dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.