4.6.11

O "Vaidelibros" despediuse ata o vindeiro curso.



A derradeira sesión do Club de Lectura "Vaidelibros" foi un éxito de asistencia e participación e pódese dicir que quedou un bo sabor de boca nos participantes que manifestaron o seu desexo de continuar o ano que vén.
E tamén quixemos que fose unha pequena festa en compensación do tempo adicado durante o curso, con comida rápida non ben rematada a xornada laboral e por iso nos demos un pequeno festín con ricos pinchos , doces e café. Houbo mesmo un pequeno agasallo en forma de caderno-recordatorio coas obras lidas neste curso.
Quedounos aínda tempo para falar de Deshonra, a lectura que nos convocaba na derradeira sesión. En xeral gustou moito e deu ben que falar.
Agardamos repetir esta boa experiencia o vindeiro curso e trataremos, iso si, de aumentar o número de alumnado que foi, quizais, o punto negro neste curso.
Bo verán a todos e vémonos en outubro no "Vaidelibros".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois nada, xa rematamos o curso e fixemos unha boa despedida no club de lectura.

Haberá que animar a máis xente, sobre todo alumnos, porque resulta unha actividade moi agradable.

É moi interesante escoitar os comentarios dos outros sobre o libro que acabamos de ler. Faite reflexionar, analizar aspectos e puntos de vista diferentes.

carlos R. dijo...

Foi unha idea excelente o dos pinchos, a excusa de ler un libro para xuntarse para comer está moi ben. Seguro que o ano que vén, imos ter que pelear para fincarlle o dente a unha empanadilla.