29.5.11

Marcos Calveiro no IES de Rodeira

O martes, 24 de maio de 2011, o alumnado de 1º de bacharelato asistiu a unha charla do autor de Festina lente, Marcos Calveiro.
Os problemas de comprensión e a dificultade para seguir a obra disipáronse tras a charla do autor que ilustrou moi ben o plano histórico e social da Galicia do S. XVII en Santiago de Compostela.
Mantemos daquela a nosa aposta pola relación directa autor-lector sempre que esta sexa posible.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Imos ver, quizais eu non son a persoa máis axeitada para facer un comentario posto que, aínda que asistín a charla-monólogo de Marcos S. Calveiro, teño que recoñecer que non lin o libro. Polo que sei del, o libro vén a encher un certo baleiro que hai na novela histórica galega ambientada nos Séculos Escuros, a documentación da obra é exhaustiva, quizais demasiado, o cal a tenor de como foi a charla non me sorprende nada pois o autor fixo un demostración de datos históricos eruditos -algún deles cunha interpretación moi persoal da hiostoria de Galicia- que nos apabullou. Polo que oín o libro "peca" do mesmo, da súa excesiva erudición e polo emprego dun galego culto e un tanto rebuscado, pero en fin, hai que recoñecerlle o mérito ao autor por abordar un tema coma o do libro e por tratar de explicarnos como foi a xénese do mesmo. Polo que dixo, ao final o libro é o resultado do que un quere escribir, do que lle sae e do que finalmente o editor e amigos/as lle aconsellan que poña.

Anónimo dijo...

Na miña opinión Marcos S. Calveiro dixo e recitou moitas cousas de gran interese cultural e histórico, tal vez nisto fixo demasiado alarde dos seus coñecementos o que o levou a trabucarse nalgunha afirmación. Sen embargo, gustoume moito a súa exposición oral, que me pareceu bastante racional e coherente. Sorprendeume moito que afirmara que o libro tiña 1000 páxinas nun comezo e que só relataba a vida do encadernador.Seica logo engadiu trama do libro prohibido por recomendación do seu editor e amigos, ademais de reducir o número de páxinas. Esta modificación nótase que foi "metida" a posteriori, e non moi ben enlazada co resto da historia na miña opinión. En xeral, tanto o libro coma a charla "prouguéronme" bastante.