29.5.11

Vaidelibros despídese este curso con Deshonra

O vindeiro mércores, 1 de xuño de 2011, xuntarémonos na derradeira sesión deste curso escolar do Club de Lectura "Vaidelibros".
A obra da que imos falar é Deshonra, de J.M. Coetzee. A versión en español leva por título Desgracia. Pensamos que a conversa vai dar de si pois é unha obra complexa e moi cargada de contido aínda que nunha prosa cortante e sen concesións. Como dicía a compañeira que nos fixo a recomendación, unha obra que non te vai deixar indiferente.
Esperamos manter o nivel de asistencia e deixar un bo sabor de boca para poder repetir o vindeiro curso.
Recordarvos que hai unha versión cinematográfica (con John Malkovich de protagonista -temos o vídeo colgado no blog-) que esperamos ter en breve na biblio a disposición dos usuarios.
Vémonos mércores, 1 de xuño

No hay comentarios: