4.5.11

O Cazador de Papaventos

Nesta sesión do Club de lectura Vaidelibros estivemos compartindo as nosas impresións sobre a novela O cazador de papaventos (Cometas en el cielo) de Khaled Hosseini.

Esta historia conta a vida de Amir , un rapaz afgano que vive cun sentimento de culpa costante ao fallarlle ao seu gran amigo. De fondo, un Afganistán en caos pola presenza dos talibáns.

No encontro tratamos temas políticos e socias presentes na obra así como o seu argumento e debatimos sobre as nosas impresións que foron variadas. Tamén apareceron titulos doutros libros como Mil soles espléndidos, o segundo libro do autor, ou O neno do pixama a raias.

En xeral entre os asistentes a novela gustou aínda que con pequenos matices negativos como son o ton de melodrama ou a defensa do autor da intervención dos Estados Unidos.

Con todo, o encontro foi canto menos entretido e divertido e non unicamente para profesorado e pais senón tamén para os alumnos.
Marta Antepazo-1º bacharelato-A


No hay comentarios: