7.5.11

Festa do Troco

O venres, 13 de maio, no IES de Rodeira celebraremos a segunda Feira do Troco de libros diante da nosa biblioteca.
Durante esta semana que entra, podes cambiar ata tres libros polos VALES correspondentes que cambiarás á vez o venres polo LIBRO que che interese dos que foron aportados por profes e alumnos do centro.
Anímate a participar!
Calquera escusa é boa para montar unha festa e calquera festa vale para participar dos libros.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Qué boa idea!!
Este ano vou a chegar prontiño para coller un bo libro!!! :-)