29.6.10

O que os/as profes de Rodeira recomendan ler este verán

Velaí as suxestións para este verán que nos fan chegar os/as profes de Rodeira.
Grazas polas aportacións, que esperamos que sirvan como guía, aínda que seguro que moitos e moitas de vós estades devecendo por este tempo de lecer para meterlle man a eses libros que se van acumulando na mesiña de noite ou na mesa de traballo ao longo do curso.
Sexa como for, bo verán lector a todos e todas.

Juan C. Rúa recoméndanos:
Mr. Vértigo, PAUL AUSTER (hai a tadución ao galego)

Violeta:
  • Juego de Tronos, GEORGE R.R.MARTIN
  • Ao igual ca en O señor dos aneis, o fantástico presíntese aínda que non se vexa directamente. O fantástico é o que nos impide ver a novela como unha mera narración histórica.
Pepe Tilves estes poucos:
  • Las aventuras del valeroso soldado Schwejk, JAROSLAV HASEK
  • Por que los hombres no escuchan y las mujeres no entienden los mapas, ALLAN Y BARBARA PEASE (Parece ser que hai máis do estilo)
  • El médico, NOAH GORDON
  • Para aqueles que gustedes, coma min, da Idade Media, dos costumes daquela e das súas xentes.
  • La catedral del mar, ILDEFONSO ALCONES
  • Máis Idade Media pero en Cataluña

Conchi aposta polo finés Paasilina:
  • O bosque dos raposos aforcados, ARTO PAASILINA
  • Un tipo de lectura ao que non estaba afeita. Sinxelo, con fondo sentido do humor que nos leva á reflexión dalgúns conceptos que xa criamos asentados.Como sei que vos quedarán ganas de ler máis deste autor, aí vai outro título que tamén está traducido ao galego:
  • O muiñeiro ouveador, La dulce envenenadora (en castelán)
Manuel, o noso xefe:
  • Esta historia, ALESSANDRO BARICCO
  • Cóntanos o autor, cunha linguaxe sinxela pero poética, como personaxes marcados por un destino construído por outros se debaten entre os seus propios soños e paixóns. Todo isto envolto en emocións e no pracer da lectura dos pequenos detalles.

Pilar, a nosa bibliotecaria:
  • El tiempo entre costuras, MARÍA DUEÑAS
  • Unha novela de amor e espionaxe no exotismo colonial de África.
  • El nombre del viento, PATRICK ROTHFUSS
  • Pertence ao xénero fantástico.
  • La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernsey, MARY ANN SHAFFER
  • Novela de ambientación literaria que xa conta con moitos lectores dende a súa publicación en 2008.
Charo:
  • El conspirador, HUMPHREY SLATER
  • Unha historia entretida e apaixonante que engancha. Empeza como unha historia de amor pero desenvólvese dun xeito sorprendente cunha trama de espionaxe durante a Guerra Fría.
Alba, a de galego:
  • Como unha novela, DANIEL PENNAC, Edit. Xerais
  • Un ensaio subversivo sobre a lectura. O comezo invita a seguir lendo as interesantes reflexións do autor: “O verbo ler non soporta o imperativo. Aversión que comparte con algúns outros: o verbo amar... o verbo soñar”
  • Primavera con una esquina rota, MARIO BENEDETTI
  • Un clásico da literatura hispanoamericana, publicado en 1982, que sempre hai que reler. O amor, o desamor, o exilio, as relacións persoais, a ditadura,...
  • La muerte viene de lejos, J.M. GUELBENZU
  • Para os afeccionados á novela policíaca. Unha boa historia sen máis pretensións, que non é pouco!
Salva proponnos:
  • 2666, ROBERTO BOLAÑO
  • Novela extensa pero que se le por capítulos. Destacaría “La parte de los crímenes”, unha detallada análise, cunha técnica forense, do feminicidio de Ciudad Juárez. Outra cousa interesante é o papel dun libro do noso Rafael Dieste, pero un libro de matemáticas, unha curiosidade que demostra a universalidade da nosa cultura.
  • Los detectives salvajes, ROBERTO BOLAÑO
  • La vida, instrucciones de uso, GEORGE PEREC
  • Unha sorte de Rue del Percebe, 13 pero sen o humor deste. A vida un edificio ao longo do tempo e do que pasa nos distintos habitáculos pero coa estrutura dun puzzle artesanal.
  • A casa da belas atormentadas, YASUNARI KAWABATA
  • Un cadelo menos e 29 contos máis, FERNANDO SABINO
Majo:
  • El corazón es un cazador solitario, CARSON MACCULLERS
  • Novela ambientada no sur de EEUU, lugar de procedencia da autora. Salientaría a presentación dos personaxes e como se van incorporando a unha trama coral que ten un fío común: a soidade e triste destino de todos eles. Marabillosa!!
  • Morte de rei, DARÍO XOHÁN CABANA
  • Para os que gustedes da novela histórica, coma min.
    O autor fálanos da Galicia medieval do rei Don García. Unha historia que os libros de historia nunca contan.

Águeda:
  • El arqueólogo enamorado (narración divulgativa), DANIEL CASADO RIGALT
  • Deshonra, J.M. COETZEE

E outros/as propoñen como lectura:
  • El último Catón, MATILDE ASENSI
    Ou calquera outro libro desta autora.
  • Guías da natureza, Editorial Bahía
  • Imprescindibles para saír ao campo arredor do insti e ben fáciles de manexar.
  • El viejo que leía novelas de amor, LUÍS SEPÚLVEDA
  • La piedra de la paciencia, ATIQ RAHIMI
  • Beloved, TONI MORRISON
  • A miña planta de laranxa lima, JOSÉ MAURO DE VASCONCELOS
  • El río, DAVIS WADE
  • O mellor libro sobre etnobotánica nunca escrito. Aínda que pode asustar polo grosor, lese moi ben porque son capítulos independentes.
  • Paraíso inhabitado, ANA Mº MATUTE
  • Abril rojo, SANTIAGO RONCAGLIOLO

No hay comentarios: