21.5.10

Club de lectura: "Persépolis"

O 27 de abril de 2010 xuntámonos de novo na biblioteca do IES Rodeira para falarmos do libro Persépolis, da autora iraniana Marjana Satrapi.

Nesta novela gráfica que inspirou unha película de animación (co mesmo título do libro), a autora-protagonista fainos reflexionar sobre moitas cuestións relacionadas coas culturas (en concreto coa súa, a iraniana), os fundamentalismos, os cambios provocados polo paso do tempo... Multitude de cuestións que deron ben que falar ao longo da tarde.

Nesta 5º sesión do noso Club de Lectura, contamos, ademais de con profesores/as do centro que vimos sendo habituais, coa presenza dunha alumna marroquí e a nai dunha alumna que xa se sumara á sesión anterior.

Entre o dito por uns e outros, pasamos unha xornada máis de agradable conversa e intercambio enriquecedor de opinións.

Aproveitamos para convidarvos á próxima sesión do Club de Lectura en que se falará de A flor púrpura da autora nixeriana, Chimamanda Adichie Ngozi
o 31 de Maio, Luns, ás 16:30 no IES de Rodeira como vén sendo habitual.
Ánimo coa lectura (moi dura por momentos) e ¡contamos con vós!

No hay comentarios: