4.10.09

¡Que corran os cartos!

Dino os economistas, os gurús máis reputados e ata está en boca dos faladoiros de café de porteiros de terreo e outros hommo comunicatis: se non se consume e gasta diñeiro, isto non funciona. ¡E que razón! A maquinaria do mercado está ben engraxada cando a ecuación consumo e inversión ten como resultado un continuo fluxo de diñeiro. Contámoscho con humor e sentenza.

É agosto, unha pequena cidade de costa,... en plena tempada; cae unha chuvia torrencial hai varios días, a cidade parece deserta.

Todos teñen débedas e viven a base de créditos.

Por fortuna, chega un ruso forrado e entra nun pequeno hotel con encanto. Pide unha habitación.

Pon un billete de 500 euros na mesa do recepcionista e vaise ver as habitacións.

O xefe do hotel agarra o billete e sae correndo a pagar as súas débedas co carniceiro.

Este colle o billete e corre a pagar a súa débeda co criador de porcos.

Á súa quenda este dáse présa a pagar o que lle debe ao provedor de penso para animais.

O do penso colle o billete ao voo e corre a liquidar a súa débeda coa prostituta á que hai tempo que non paga. En tempos de crise, ata ela ofrece servizos de crédito.

A prostituta colle o billete e sae para o pequeno hotel onde trouxera aos seus clientes as últimas veces e que aínda non pagara e pono enriba da mesa do recepcionista.

Neste momento baixa o ruso, que acaba de botar unha ollada aos cuartos, di que non o convence ningunha, colle o billete e se vai da cidade.

Ninguén gañou un euro, pero toda a cidade vive sen débedas e mira o futuro con ¡confianza!

Sentenza: se o diñeiro circula remátase a crise

Fonte: Emprendedores.es, Xullo 2009

1 comentario:

Perico Delospalotes dijo...

Realmente a solución á crise é tan doada? Ou realmente se ti lle deixas o billete a un banco, este, en lugar de circulalo, gárdao no peto (dos xefes, claro!) e rompe a circulación no primeiro paso?