13.10.09

Carlos Rúa vs IES Rodeira

O IES de Rodeira convida a todos os seus membros (alumnos, familiares e traballadores do centro) a xogar unha partida de xadrez contra o profesor de Lingua Castelá, Carlos Rúa. A partida poderá seguirse a través do blog da biblioteca.

O sistema de xogo será o seguinte: Carlos Rúa realizará a súa xogada entre as 13 e as 16 horas, aproximadamente, dos luns, mércores e venres, e será publicada no blog xunto cunha serie de posibles respostas, acompañadas duns breves comentarios (non sempre totalmente precisos).

Todas aquelas persoas que desexen participar terán que escoller o seu movemento preferido antes das 21 horas do día seguinte (martes, xoves e sábado). A xogada máis votada será a que se realice na partida.

As distintas xogadas e as posicións resultantes poderán ser consultadas tamén na ventá de conserxarría, pero a votación por parte dos participantes farase única e exclusivamente a través do blog da biblioteca.

A partida comezará o luns 19 de outubro, día no que aparecerá publicada a primeira xogada de Carlos Rúa.


¡Animádevos a participar!
¡Todos xuntos contra Carlos Rúa!

No hay comentarios: