3.11.08

Mulleres na Historia

Baixo este título inaugúrase esta semana unha exposición no IES de Rodeira onde se recollen as biografías das personalidades máis destacadas na loita pola igualdade de dereitos e a transformación social, baixo a organización da Biblioteca e o Departamento de Xeografía e Historia e coordenada pola profesora Esperanza Mariño.
Os autores desta exposición son o "Colectivo 8 de Marzo", do IES A Pontepedriña de Santiago de Compostela, e terémola aquí desde hoxe ata o 18 de novenbro.
Acompaña á exposición un extenso fondo bibliográfico relacionado coa mesma, que poderedes consultar, así como a realización de actividades que iremos comentado neste blog.
Facede unha paradiña nas vosas tarefas para poder apreciar este gran traballo de recompilación e análise de tantas e tantas historias ao longo dos tempos. Paga a pena!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Non me perdo esta exposición, xa que é un tema que considero de gran interese para min. Gracias por traela ao centro!

Anónimo dijo...

Xa lle estiven a dar un vistazo e pareceume moi interesante. Este tipo de iniciativas son fabulosas, xa que permiten que alumnos e porfesores amplíen os seus coñecementos máis aló dos contidos que se imparten nas aulas.

Anónimo dijo...

Xa lle estiven a dar un vistazo e pareceume moi interesante. Este tipo de iniciativas son fabulosas, xa que permiten que alumnos e porfesores amplíen os seus coñecementos máis aló dos contidos que se imparten nas aulas.