29.10.08

Amadriña unha lingua

Gran éxito da 1ª fase da campaña


Alumn@s e profes do IES de Rodeira achegáronse a saborear unha das máis de 5000 linguas que hai no mundo. Colleron dunha gran bóla do mundo unha lingua de gominola con nome propio: o da lingua que van amadriñar ou apadriñar. Agora buscarán información sobre ela que traerán ao instituto porque coñecer é o primeiro paso para valorar a riqueza dun mundo plurilingüe.

Agardamos as vosas follas ao longo da semana que vén para elaborar unha longa cadea que, partindo dos diferentes continentes, rompa coa monotonía do uniforme e nos invite a gozar do colorido e da diversidade.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

No hay comentarios: