16.10.08

Recomendacións de lectura de outubro

Xa estamos de volta! Aquí van as nosas primeiras recomendacións de lectura.


LOS PROFES
Achegádevos! Vinde descubrir os auténticos aventureiros modernos: ¡OS PROFES!¡Seguide o novato profe de Historia, o profe de Educación
Física sobrevitaminado, a profe de Francés sexy, o queimado e canso profe de Filosofía e o vello profe de Inglés na súa cruzada contra a ignorancia e o pasotismo!Máis fortes que “el Zorro”, máis valentes que Indiana Jones e bastante peor pagados que James Bond, adéntranse na angustiosa xungla dos institutos para se expoñer ás hostís tribos de alumnos. Despois, esgotados, refúxianse no seu oasis: ¡a sala de profesores!Aí, entre a máquina de café avariada e os 150 exámenes que deben corrixir para o día seguinte, intentan arranxar o sistema educativo e planean as súas vacacións.

EL PROFESOR
Frank McCourt debutou tarde pero con grande éxito na literatura. Cando se cumpren dez anos da publicación do seu primeiro libro, As cinzas de Ánxela co que gañou o Premio Pulitzer, ve a luz o seu terceiro título, O profesor (MAEVA). Nel, Frank McCourt recolle as súas experiencias docentes durante tres décadas e retrata o mundo do ensino, unha profesión que, segundo as súas propias palabras, é a "fregona" de Estados Unidos.

HISTORIA DE UNA MAESTRA
En 1923 Gabriela recolle o seu título de mestra. É o comezo dun soño que a levará a traballar en varias escolas rurais en España e en Guinea Ecuatorial. Historia dunha mestra é a narración, feita dende a memoria, da vida de Gabriela durante os anos vinte e ata o comezo da Guerra Civil. Contada dende a verdade da lembranza, con sentimentos que apenas nos atrevemos a recoñecer e dende unha progresiva toma de conciencia, Josefina Aldecoa ábrenos un camiño á esperanza e ao idealismo.

MAESTROS DE LA REPÚBLICA
Rendida homenaxe ós mestres da República, loitadores comprometidos contra o atraso e a incultura que foron asasinados por defender a causa máis prezada da República: o ensino. Dez historias heroicas, acontecidas en distintos lugares de España, das que dan testemuño, con dor e rebeldía, fillos, netos, amigos e, sobre todo, antigos alumnos das vítimas. Todos eles aceptaron xenerosamente o desafío proposto pola autora: falar con ela sobre a vida.

No hay comentarios: