21.9.08

Unha avaría frea ao acelerador de partículas


Os plans a curto prazo do novo grande acelerador de partículas LHC,situado xunto a Xenebra, desbaratáronse por completo. Unha avaría grave rexistrada nuns imáns que forman o anel de 27 quilómetros do acelerador, acompañada dunha perda considerable de helio líquido (o refrixerante necesario para que funcione), esixirá polo menos dous meses de traballo para facer as reparacións, volver arrefriar o sector afectado e continuar as operacións. O LHC é a maior máquina científica xamais construída e o custo do proxecto ascende a 6.000 millóns de euros.

No hay comentarios: