21.9.08

Concurso de pasatempos matemáticos


Velaquí tes os problemas propostos no Concurso de Pasatempos Matemáticos. Dálle á cabeza e tenta resolvelos, se sabes :-P

Problema 1. Teño uns peixes e uns acuarios. Se poño un peixe en cada acuario, sóbrame un peixe. Se poño dous peixes en cada acuario sóbrame un acuario. Cantos peixes e cantos acuarios teño?
Problema 2. Hai tres cartas da baralla boca abaixo; unha é un rei, outra un cabalo e a outra unha sota. Os paus son ouros, copas ou espadas, pero non necesariamente nesa orde. A carta de ouros está entre o cabalo e a copa. A sota está inmediatamente á dereita das espadas. A ti tócache adiviñar os valores e paus das tres cartas.

Problema 3. Nunha cidade publícanse 3 revistas: A Lúa, O Desexo e O Chafardeo. Realízase unha enquisa entre os seus habitantes e obtense o seguinte resultado: 20% le A Lúa; 15% le O Desexo; 17 % le O Chafardeo; 6% le A Lúa e O Desexo; 7% le A Lúa e O Chafardeo; 4% le O Desexo e O Chafardeo; 2% le as tres. Calcula: :a) A porcentaxe de habitantes lectores dalgunha desas revistas; b) A porcentaxe de habitantes non lectores dalgunha desas revistas; c) A porcentaxe que só len O Chafardeo; d) A porcentaxe dos que len só unha desas revistas.

Problema 4. Calcula a área dun cadrado cuxa diagonal coincide co lado doutro cadrado de 10 m2.

Problema 5. Quen é o fillo da irmá da miña nai?-a irmá da miña irmá que non é a miña irmá?

No hay comentarios: