26.9.08

CAMPIOAS!!!

REMEIRAS GALEGAS GAÑAN A PRIMEIRA BANDEIRA FEMININA DA CONCHA DE TRAINERAS EN DONOSTI
Entre elas unha ex-alumna, Marta Cochón, á que queremos transmitirlle os nosos parabéns. Pertence, xunto con Iria Castro, ao club de remo Samertolameu de Moaña. Alí loitan por conseguir grandes éxitos para o remo feminino. No número 5 da revista Abre os ollos, cando cursaban 2º de Bacharelato, faláronnos do esforzo das mulleres por conseguir a igualdade cos homes na competición. Celebramos con elas esta grande vitoria.

No hay comentarios: