25.9.08

Aviso urxente do equipo de normalización


Estás orgullos@ de que Galiza teña unha lingua propia que nos fai diferentes e especiais? Mantela viva é cousa de tod@s. O Equipo de Normalización precisa de ti. Estamos empeñados en que sexa normal falar en galego no instituto. Entras pola porta do insti e fálaslle en galego ao primeiro que atopes e vai e contéstache en galego... Que pasa? Se estamos en Galiza. O normal, digo eu. Se tamén o dis ti, e mais ti e tamén el... pois xa somos uns cantos... A cousa vaise normalizando. Que o anormal sexa o que critique, o que mire raro, o que pense que somos uns pobres paletos... Eles si que dan pena... Nós somos do monte, si, e do campo e do mar... moi orgullosos de onde vimos, o normal digo eu, pero non por iso pensamos renunciar a ser tamén da cidade, e do ciberespazo e do que faga falta...
Se sempre pensaches que deberías falar máis en galego, non o penses máis. En grupo temos máis forza. Búscanos.

No hay comentarios: