29.5.20

E chegou o confinamento. Tempo de lecturas.

O día 13 de marzo de 2020 o goberno español dinos que temos que quedar na casa. Hai un virus mortífero e que se contaxia con facilidade que está acabando coa vida de moita xente. Os hospitais non dan feito a atender a xente afectada e faise imprescindible deixarse na casa para evitar máis contaxios. 
E, a partir de aí, quedamos na casa, as nosas vidas vense reducidas ao ámbito do fogar, altéranse os costumes máis arraigados e vémonos como nunha película de ciencia-ficción na que pasan cousas que nunca pensariamos que poderían pasar na realidade.
Pois ben, nesta alteración tan impresionante das nosas vidas, hai algo que nos queda por poder facer: a lectura. Os libros, nesta volta, están aí, acompañando este tempo de confinamento e permitíndonos vivir outras realidades máis fermosas, optimistas, alegres, positivas,... Penso que nunca coma nesta situación puidemos constatar o valor fundamental que teñen os libros e ata que punto poden ser unha táboa de salvación. Eu, como amante dos libros e a literatura, espero que todos e todas vós puiderades constatar este feito. Non o tiñamos difícil. Somos xente do Vaidelibros e sabemos do que falamos (e do que lemos). Espero, contodo, poder seguir disfrutando da lectura nun contexto de liberdade e libre de todas as trabas que nos trouxo e trae aínda este tempo dominado pola pandemia.

E volveremos vernos no VAIDELIBROS do curso 2020/2021 con máis ofertas de lecturas e outras posibilidades de charla con autores/as, con  outras excursións, etc. que nos fagan esquecer este mal tempo que nos toca vivir. 

Boa sorte a todos/as e os mellores desexos para o tempo que vén.

voces de chernobil-svetlana aleksievich-9788490624401 Gorazde - la guerre en bosnie orientale 1993-1995: Amazon.es ...  INSTRUCIONS PARA TOMAR CAFE | MANUEL NUÑEZ SINGALA | Comprar libro ...   POESÍA
Velaquí as lecturas que nos quedaron por comentar. Seguen na nosa biblioteca á vosa disposición.



No hay comentarios: