O xoves 13 de febreiro os nosos rapaces do club de manga (Mawari Club) tiveron a sorte de contar, por segundo ano consecutivo, coa presenza do profesor de xaponés Eli, que viu a continuar co obradoiro empezado o curso pasado. Esta vez aprendeulles os números (ideogramas e pronunciación), os sverbos de accións habituais (comer, ler, estudiar e os seus ideogramas), horas e minutos, partes do día, ler a hora, entender información por megafonía...
A parte disto o profesor deulles muito vocabulario, polo que os rapaces que xa asistiron a varios obradoiros con él están empezando a falar e entender aspectos básicos da lingua nipona. Para o curso que vén voltaremos a traelo porque é unha alegría tanto para os rapaces do club como para os profesores que tivemos a sorte de participar deste obradoiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario