30.3.19

Piruetas/Fun home

Resultado de imagen de fun home alison bechdelResultado de imagen de piruetas



En marzo, banda deseñada.
Uns lemos Piruetas, de Tillie Walden , outros Fun home, de Alison
Bechdel (na versión ao galego da editorial de Cangas, Rinoceronte) e mesmo houbo quen leu ambos os dous.
A proposta nesta ocasión era dobre e algúns demos en ler os dous cómics que se ofertaban e deleitarnos case por igual coas dúas obras.
Protagonistas femininas, autoras, lesbianismo, mulleres creativas,... Moitas foron as coincidencias entre ambas as obras das que non fomos moi conscientes no momento de elixilas pero que resultaron un aliciente e mesmo unha coincidencia ao celebrar a reunión no mes de marzo, mes xa instituído como mes da muller.
No Vaidelibros apuntámonos a calquera iniciativa que nos poña en contacto con obra que, ademais do seu valor literario, aporte un algo a un mundo de igualdade.

E desta volta, esquecéronnos as fotos!!!

No hay comentarios: