19.12.18

Contra todo isto


A segunda sesión do Vaidelibros deste curso estivo adicada aos comentarios do libro de Manuel Rivas, Contra todo isto. Unha semana antes da nosa reunión, o autor estivo dando unha charla en Bueu sobre este libro e a súa última publicación, Vivir sen permiso e outras historias do Oeste.
Daquela, os/as que puideron asistir ao evento, puideron aportar á nosa charla parte do que o autor falara nese día así como as fermosas adicatorias que puxo nos exemplares dos  libros daqueles/as  que lles levaran un exemplar para asinar.
Coincidimos todos/as en que neste libro se recollen todos e cada un dos temas que nos preocupan do mundo no que vivimos (racismo, medio ambiente, feminismo, totalitarismos,...) ao tempo que nos move á reflexión.
Canto ao estilo empregado por Manuel Rivas, xurdiron as discrepancias pois hai quen ve unha fermosa narración e maneira de contar en cada un dos artigos e aqueloutros que pensamos que o estilo dificulta ás veces a claridade no exposto.
Nesta sesión contamos con alumnado de 2º de bacharelato que participou moi proveitosamente aportando o punto de vista da xente nova sobre os temas que trata o libro. un luxo contar con esta xente! Grazas por participardes!

No hay comentarios: