15.3.16

Érica Esmorís cos Papalibros

Os Papalibros seguen lendo, desta vez Ulises e as cronoamigas, surfistas en California, da autora coruñesa Érica Esmorís. O libro está publicado no selo Sushi Books da editorial Rinoceronte.
Como xa vén sendo habitual, invitamos á autora a ter un encontro cos lectores e o 26 de febreiro veu visitarnos.
Erica contounos que desde pequena tivo tres paixóns:  a auga, os animais e a escritura; por iso é surfista, veterinaria e escritora. Con respecto a esta última afección explicounos que sempre se lembra redactando contos nunha vella máquina de escribir da súa nai, que aínda conserva.


Este libro foi un encargo de Moisés Barcia, editor da nosa vila, que lle pedíu que escribise un libro que fose o inicio dunha colección. De aí xurdíu Ulises e as cronoamigas.

É de xustiza facer referencia a dúas persoas que teñen gran importancia na realización desta obra: o ilustrador vigués Jacobo Fernández Serrano e a editora Anxa Correa. A propia Érica Esmorís explicou que o libro non sería o mesmo sen o traballo destas persoas.

Os asistentes ao encontro (uns vinte alumnos de 1º e 2º ESO) dixeron que lles gustara esta primeira aventura protagonizada por Ulises e as súas amigas Carol, Olivia, Rita e Lula. Supoñemos que a seguinte aventura tampouco os decepcionará; polo tanto, agardamos con impaciencia a publicación do segundo libro!





Distintos momentos da comida-charla coa autora de Ulises...

No hay comentarios: