30.6.15

Despedida en Rianxo

O Vaidelibros este ano escolar 2014-2015 foise a Rianxo, terra de escritores,  para despedir alí o curso que, como vén sendo habitual,  rematou coa lectura dunha novela gráfica, Los surcos del azar, de Pedro Roca.
Cambiamos a mesa de xuntanzas da biblioteca de Rodeira pola terraza dunha cafetería na praza de Rianxo para falarmos da lectura feita e, tras a conversa, que desta volta se demorou algo menos, pasamos a facer un percorrido literario pola vila onde naceron Castelao, Rafael Dieste e mais Manuel Antonio. Non faltou lectura pública perante as casas destes escritores e foto de grupo de despedida dunha tarde estupenda en boa terra e boa compaña.
Para o  ano, MÁIS!


No hay comentarios: