28.5.15

O cine a e a literatura con 4º ESO-B


Este ano botamos a andar unha idea que xa viña de lonxe pero que nunca se materializara: traballar co alumnado literatura e cine.
A verdade é que houbo sorte pois demos cunha profesora, Bea Fresco,  que se entusiasmou coa  proposta e ela deu cun grupo, 4º ESO-B, que resultou ser unha marabilla polas ganas que moitos deles e delas  puxeron na execución deste traballo.



O punto de partida foi seleccionar obras literarias que tivesen versión cinematográfica de entre os fondos que temos na biblioteca (tamén serviu para facernos con algún material que non tiñamos e que consideramos oportuno mercar, p.e. The road (versión cinematográfica da obra de Cormac McCarthy).   Ofrecimos este material ao alumnado (algún tiveron que buscalo nas estanterías) e, por grupos, seleccionaron o  libro e a



película que lles pareceu apetecible para facer un traballo para o que,  aínda sen moitas pautas, se mostraron moi receptivos/as. E e o resultado non puido ser mellor:

Unha presentación comparativa de novela , película e serie da BBC -Orgullo y prejuicio- (Jane Austen levada ao cine por Joe Wright) que fixeron  Antía, Carla e Gema.



Antía, Carla e Gema. presentando o seu traballo

Un vídeo realizado por María Santos, Inés e María Pena no que falan de O lapis do carpinteiro, novela de Manuel Rivas e película de Antón Reixa.

 
María S., Inés e María ?  presentándonos o seu vídeo



Un comentario da versión de Oliver Twist do ano 1948 de David Lean, a cargo de Nicolás e o comentario da película Persépolis, versión cinematográfica da novela gráfica de Marjane Satrapi, a cargo de Anxo.


          


Velaquí o vídeo de María Santos, Inés e María Pena. Unhas auténticas profesionais!



No hay comentarios: