20.4.15

Semana da Ciencia no IES de Rodeira

Seguindo a tradición, á que neste centro somos moi fieis, a mediados de abril a sala de usos múltiples converteuse nun variado laboratorio no que se puideron realizar varios experimentos científicos e tamén realizar diversos xogos matemáticos. Todo isto dentro da Semana da Ciencia do IES de Rodeira.
 E como a biblioteca non quere estar allea a ningún destes eventos, unha vez máis aportamos libros de Ciencias Naturais, Matemáticas, Física, ... para a consulta ou simple visionado nese entorno tan acaído.
Parabéns aos departamentos de ciencias por conseguir achegar a ciencia ao alumnado dun xeito tan lúdico.

Alumnado de 1º de bacharelato preparando un experimento para o alumnado máis cativo. Ao seu carón exposición de libros

No hay comentarios: