17.4.15

O 14 de abril recordamos a República

O 14 de abril o alumnado de 2º de bacharelato tivo a oportunidade de asistir a unha charla con Telmo Comesaña, presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, invitado polo profesorado de Historia e coincidindo co Día da República.
Unha charla moi interesante polo  ben que coñece o tema o conferenciante e moi emotiva por ser el vítima da represión franquista coa que convivimos durante corenta anos (o seu pai morreu asasinado por Franco ao comezo da guerra por ser activista socialista).
O acto desenvolveuse na biblioteca e resultou un espazo moi acolledor polo agarimo que dan sempre os libros e máis cando se fala daqueles que tantos queimaron.
Telmo Comesaña e Iria González, alumna de bacharelato que se ofreceu a ler uns textos que o conferenciante traía seleccionados.
Na pantalla,  foto do conferenciante coa súa nai, xa viúva, e a súa irmá,


No hay comentarios: