24.3.15

Onde viven os monstruos, de Maurice Sendak

O xoves, 12 de marzo, reunímonos para falar sobre a obra Onde viven os monstros de Maurice Sendak , obra que leron os Papalibros de 1º ESO.

                                       

O libro conta a viaxe de Max ao mundo dos monstros despois de que a súa nai o mandase ao seu cuarto sen cear por facer trasnadas. Cando chega alí , os monstros noméano rei;  aínda así Max decide voltar á súa casa ao sentir o cheiro da comida quente.
A crítica di que o libro está vixente porque mostra os temores e desexos da nosa infancia: os nosos monstros ( medos): o medo ao abandono, a que os pais nos deixen de querer, ...
Os alumnos fixeron reflexións interesantes sobre a viaxe do protagonista: explican que facía trasnadas por chamar a atención e, como no mundo dos monstros todos facían trasnadas, deixou de sentirse especial e por iso volveu.
Outros explican que Max volveu porque, a pesar de ser o rei no mundo dos monstros, sentíase só e tiña morriña do cariño da súa familia.

Tamén explicaron que ten dúas lecturas: unha para nenos, na que só len o texto sen máis interpretacións e outro para adultos na que fan unha lectura máis profunda: que son os monstros, por que se vai Max, por que volve...


No hay comentarios: