5.4.14

Xulia Alonso e o seu Futuro imperfecto no noso Vaidelibros

O pasado mércores 26 de marzo  visitounos Xulia Alonso, a autora de Futuro imperfecto, obra autobiográfica  na que se relata a situación dunha parella que despois de superar a depedencia das drogas  nos 80 ten que afrontar a sida e a morte.
Con grande sentimento relatounos os avatares da obra que, pola súa carga de dureza e sinceridade, nos deixou impresionados. A autora comenzou xustificando o propósito da mesma, que en ningún momento foi o de publicar senón que ía dirixida a súa filla Lucía e “futuros” netos, para que ,dende a máis fonda verdade, puideran ter un relato de primeira man do que acontecera. Despois, por  casualidade, chegou a mans da editorial ao que seguíu o seu éxito posterior.
Ao longo do encontro saíron como temas máis salientables a droga e a sida pero tamén o amor e a amizade. En todo momento quedou patente a importancia do tempo no que ocurriron os feitos: final da Transición comezo da Democracia onde o sentimento de liberdade que a xuventude sentía, cruzábase ás veces co mundo das drogas nesa busca de novas experiencias...

Tamén, como na novela, a autora salientou a confusión inicial logo da descuberta da sida o que provocaba un clima de desconfianza e marxinación cos infectados, feito que levou a protagonista a unha actitude de autoprotección mediante a ocultación do problema fóra do seu círculo máis íntimo.
                                                                           MONCHO  DAVILA




No hay comentarios: