1.3.14

Lemos poesía cos/as compañeiros/as do Monte Carrasco

O xoves, 27 de febreiro, Os Papalibros pasamos unha boa xornada compartindo a lectura dos poemas de Amar e outros verbos cos/as lectores/as do Monte Carrasco. Xuntámonos na Casa de Cultura e alí lemos e comentamos os poemas de Ana Fernández que xa antes leramos e prepararamos para a ocasión. 
Unha boa idea esta de compartir con alumnado doutro centro as lecturas comúns. 
Agradecemos a Alba a iniciativa e contamos con poder repetila.
 



 

No hay comentarios: