9.2.14

Senderos de gloria no Día da Paz



Co gallo do Día escolar da Paz, o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato puido asistir á proxección da película Senderos de gloria, de Stanley Kubrick. 

Mario e Moncho, os profes de Historia, foron os encargados de presentar a peli e de promover o coloquio cunhas actividades pensadas para reflexionar sobre o que esta marabillosa película plantea. Ademais a película tamén serviu como mostra do que foi a 1ª Guerra Mundial, neste ano, 2014, en que se conmemora o centenario do seu inicio.



Que xa dicía Balbino nas súas memorias: 
"Na guerra mátanse os uns aos outros sen saber as máis das veces polo que. (...). Semella un xogo. Pero un xogo con sangue e morte. E despois falan de "educar os rapaces"...
                                                                                Memorias dun neno labrego, X. NEIRA VILAS


No hay comentarios: