30.1.14

Asasinato no Orient Express tamén en película

O 29 de xaneiro os Papalibros estivemos a ver a película Asasinato no Orient Express baseada na novela de Agatha Christie. O día anterior ao pase da peli veu o profesor Salvador Castro á nosa sesión semanal do club de lectura para facernos unha presentación da película. Falounos do director, Sidney Lumet, dos actores que interveñen na peli e fíxonos reparar  nos dous temas fundamentais: a nostalxia e o xurado.

Disfrutamos moito da película, que se pasou na biblioteca, fixámonos en moitos dos detalles que recolle do libro e puxémoslle cara aos personaxes. Ao final deu tempo a un pequeno coloquio e todos coincidiamos en que fora moi boa experiencia e que nos gustaría facer máis sesións de lectura e visionado da película correspondente.





No hay comentarios: