14.5.12

De compras polas librerías de Cangas

O martes, 8 de maio, o alumnado do Club de Lectura de 1º e 2º de ESO, xunto con catro profes acompañantes, saíu de compras ás tres librerías de Cangas: Maraxe, A esmorga e Viláfer. Había un presuposto de trescentos euros a gastar en cadansúa librería e como a oferta era moi ampla non houbo problema en facer o gasto. Máis ben, nalgún momento tivemos que deixar parte do escollido,  pois xa se saía do estipulado.
É ben certo que tivemos que camiñar baixo os paraugas que non se domaban co forte vento pero o resultado foi bo e agora aí están os libros esperando para volver ás mans dos que os escolleron e de todos os que queiran gozar deles.
Try our video maker at Animoto.

3 comentarios:

arantxa dijo...

Aitor Piñeiro, o de 1ºA da ESO, sae en case todas as imaxes.É un bulebule, un charabiscas, pero é un bo lector.
Editado por:Arantxa Abal González 1ºA da ESO.

Anónimo dijo...

Doulle mis mais noraboas a gorra de aitortxu por salir en todas as fotos

Alba dijo...

Que libros comprastes?.
Aitor o de 1ºA sempre polo medio.Como non? , sempre ocupando cámara.