6.3.12

Roald Dahl o os comedores de chocolate.

O xoves, 1 de marzo, o alumnado de 1º e 2º de ESO reuniuse na biblio para contar as impresións das lecturas que fixeran de diferentes obras de Roald Dahl. Os libros lidos foron: Charlie e a fábrica de chocolate, Matilda, As bruxas e Charlie e o gran ascensor de cristal. Todos e todas coincidiron en que Roald Dahl é un autor que hai que ler porque ante todo é moi divertido. Tamén se falou das pelis que se fixeron cos seus relatos e aínda que unhas son máis fieis á obra ca outras, resultan moi gustosas de ver.

E, tratándose do autor de Charlie... non podía faltar unha degustación de chocolate, sabroso chocolate, aínda que non da factoría do señor Wonka.
A sesión rematou co recordatorio da seguinte cita:

Xoves, 12 de abril, á volta das vacacións de Pascua, coa lectura da obra de R.L. Stevenson, A illa do tesouro.

Vémonos de novo en abril! E gozade coa lectura!

No hay comentarios: