27.2.12

Dickens en 1º ESO-B

A CHRISTMAS CAROL
O día 7 de febreiro,conmemorouse o bicentenarío do nacemento de Dickens e por iso na clase de Lingua Galega vimos unha curtametraxe de animación baseada no seu libro "A Chrismas Carol".
Este conto animado, dirixido por Richard Willians,en 1971,foi feito orixinalmente para a televisión e retrasmitido pola ABC nos EEUU.
Posteriormente estreouse e gañou un premio da Academia á "Mellor Curtometraxe de animación"no ano 1972.
A película trata sobre un home moi arisco,tacaño,pouco solidarío,...,ao que lle morrera o seu socio había sete anos .O día de Noiteboa o seu secretario pídelle o día de Nadal libre,e el contestoulle que non ,e esa mesma noite aparéceulle,en forma de pantasma,o seu socio morto e advertiulle que,se non quería quedar encadeado toda a súa vida,tería que cambiar de actitude .Anuncioulle que o van a visitar tres espiritos :o dos Nadais pasados,o do Nadal presente e o do futuro .E como predicira apareceron os tres espiritos;o dos Nadais pasados ensinoulle os seus Nadais pasados e sentiuse un poco culpable;logo veu o do Nadal presente e ensinoulle outras persoas celebrando esta festa neses intres,e sentiuse cada vez máis culpsble;finalmente apareceu o do futuro e xa non puido máis,e converteuse nun home novo.
Carla Martínez,Marina Pizcueta,Lara Casal e Ruth Fariña 1ºESO B

1 comentario:

Anónimo dijo...

A historia pareceume moi divertida e ademais gustoume moito como fixeron o resumo estas catro rapazas da miña clase. :D

Marcelo Rodríguez 1ºB