25.1.12

De novo o cómic no "Vaidelibros"



Na sesión do mes de xaneiro do "Vaidelibros" de Rodeira, falamos de Zits, unha serie de tiras cómicas de Jerry Scott e Jim Borgman que comezaron a aparecer na prensa española en El pequeño País.
Desta volta animou a sesión o libreiro Melo, o noso fornecedor de cómics dende hai xa algún tempo. Melo non só nos vende os cómics na súa librería especializada , senón que nos asesora e nos descubre libros que, ata o de agora, sempre foron moi ben acollidos.Nesta ocasión, ademais, ilustrounos moito sobre o mundo do cómic, a tira cómica, a banda deseñada,... pois eramos un público que, maioritariamente, confesou un gran descoñecemento do tema así como a moi recente chegada a este mundo literario.
Unha moi gratificante velada, sen dúbida!

No hay comentarios: