26.5.11

LER E COMPARTIR

Iniciamos nesta sección un camiño que esperamos que sexa de longo percorrido. Pretendemos amosar actividades nas que o libro e a biblioteca xoguen o papel de vínculo entre alumnos e alumnas de distintos grupos, idades, centros..

DE PRIMEIRO A PRIMEIRO. Uns profes moi especiais.

Despois de ter investigado sobre a conto marabilloso , o alumnado de 1º de bacharelato comparte o aprendido co alumnado de 1º da ESO.

Empezan cunha exposición sobre a importancia da oral idade como transmisora de valores entre as xeracións .( fortalecemento de lazos afectivos)

Céntranse no conto da Carapuchiña vermella como ese conto coñecido por todas as xeracións de calquera punto da terra. Collen da man aos pequenos e lévanos por un camiño máxico cheo de símbolos...





Xuntos descobren as claves polas que o conto permanece vivo a través do tempo. Coñecen as primeiras versións clásicas escritas : Perraul (Francia s XVII), irmáns Grimm (Alemaña s XIX).

Sorpréndense coas primeiras imaxes animadas aló polos anos 30 e aínda máis pola gran versatilidade destas obras. Da gusto velos abrir os ollos cunha novela gráfica, con outra de xénenro negro, con poemas . coas súas versións favoritas e super lidas de Roald Dhal que rematan por levarse como préstamo da nosa biblioteca .

No hay comentarios: