24.11.09

O LHC "está vivo"

O Gran Colisionador de Hadrones, LHC polas súas siglas eninglés (Large Hadron Collider), construído a 100 metros deprofundidade nas instalacións do Laboratorio Europeo de Física dePartículas (CERN), na fronteira entre Suíza e Francia, comezou afuncionar de novo o pasado venres, 20 de novembro. Tras a avaría de 2008, este é o primeiro paso para lograr que o maior acelerador de partículas do mundo, de 27 quilómetros de circunferencia, realice en 2010 colisións de partículas coa enerxía máis alta xamais conseguida.Espera que o LHC acelere protóns ata velocidades próximas ás da luz,co obxectivo de ofrecer nova información para a comprensión da naturezae a orixe do Universo. O grande acelerador poderá recrear as condicións que tiña o universo primitivo unha fracción de segundo despois do Big-Bang. (Se queres saber máis pulsa aquí)

No hay comentarios: