14.10.09

Club de lectura


Ante certos libros, un pregúntase: ¿quen os lerá? E ante certas persoas un pregúntase: ¿que lerán? E ao final, libros e persoas atópanse”. (André Gilde)

Un club de lectura é un grupo de persoas que len ao mesmo tempo un libro. Cada un faino na súa casa pero, nun día e a unha hora fixos, reúnense todos para comentar o libro: o estilo literario, a acción mesma, os personaxes... e é bastante frecuente derivar dende o libro ás experiencias persoais dos membros do club.

Polo xeral as opinións dos membros do grupo enriquecen moito a impresión inicial que cada un saca lendo en solitario. Descóbrense novos autores, len outros xéneros,...O apoio do grupo é tamén moi positivo no caso dalgúns libros máis esixentes do normal, cara aos que moitos lectores mostran preguiza cando están sós e que se len con gran facilidade se outras persoas o fan ao mesmo tempo.

Convén dicir que:

- non se le en alto nas sesións
- non hai que intervir forzosamente nos debates
- non ten que comprar o libro cada un
- non hai que pagar nada para pertencer ao club
- si se le na casa, dunha forma persoal
- non se pode acudir ás reunións se non deu tempo a ler todo o libro
- si se ven películas baseadas nas novelas que se van lendo
- si se fan actividades culturais complementarias

Se che interesa participar debes apuntarte nunha folla que estará á túa disposición na biblioteca e prestaráseche un exemplar. Aquí tes as datas e as lecturas escollidas para este curso:


10 de novembro de 2009
O curioso incidente do can á media noite.
Autor: Mark Haddon


22 de decembro de 2009
Maus.
Autor: Art Spiegelman


9 de febreiro de 2010
Matar un ruiseñor.
Autora: Harper Lee


25 de marzo de 2010
O castelo de cristal.
Autora: Jeannelle Walls


25 de abril de 2010
Persépolis.
Autora: Marjane Satrapi


1 de xuño de 2010
La flor púrpura.
Autor: Wayne W. Dyer



No hay comentarios: