18.8.08

Recomendacións de lectura

Estas son as recomendacións que vos facemos dende a Biblioteca do centro, relacionadas coa ciencia.

¿Hay algo que coma avispas? Autor: Mick O Hare. Editorial: RBA
¿Canto tempo se pode vivir a base de cereixas? ¿Por que temos cellas? ¿Hai algo que coma avespas? Este libro contén un cento de preguntas, e as súas correspondentes respostas, sobre todo o que nos rodea: o corpo humano, o reino animal e vexetal, o universo e o noso planeta... Escintilante de intelixencia, coñecemento e curiosidade científica, esta deliciosa antoloxía resultará irresistible para todos os que teñan interese polo mundo que ten ao seu redor.

El hombre que Calculaba. Autor: Malba Tahan. Editorial: Verón Editores.
Cada capítulo trata dun problema matemático ou de lóxica. ¿Serías capaz de repartir unha herdanza de 35 camelos entre tres fillos de xeito que o maior quede coa metade, o segundo coa terceira parte e o máis pequeno cun noveno? A solución a este e outros problemas está no interior das súas páxinas. Libro que recomendamos vivamente para1:. Regalar aos rapaces/as listos aos que lles gustan as Matemáticas (habelos, hainos).2. Regalar a eses/as rapaces/as que non saben que lles gustan as Matemáticas, pero que poden chegar a gustarlles se len este libro.3. Que o merquen, e lean, os adultos aos que lles gustan as Matemáticas.4. Que o merquen, e lean, os adultos curiosos que non saben que lles gustan...

Imagina. Autor: Norman Messenger. Editorial: SM
Un álbum intelixente e traballado como poucos, para xogar e observar durante tempo e tempo. Con textos breves e unhas ilustracións a base de acuarelas e lapis de cores, propón xogos de imaxinación, convida ao lector a buscar diferenzas ou seres ocultos, presenta rostros que poden contemplarse de distintos xeitos, suxire posibilidades imposibles... Non faltan ilustracións con fiestras que se abren para dar lugar a novas figuras. E ademais do contido da ilustración principal, en cada dobre páxina proponse algún xogo-adiviña.

No hay comentarios: