2.12.21

Concursos varios. Día das bibliotecas/ Samaín

Este curso, como ven sendo habitual, imos organizar varios concursos dende a biblioiteca. Como coincidiu que o "Día das biblioitecas" foi o Domingo, esta semana iremos baixando ós rapaces de primeiro para que coñezan o funcionamento da biblioteca e darlles o seu número de usuario.

Ao mesmo tempo lanzamos un concurso para que participen dende as súas casas enviando unha fotografía do seu libro favorito. Canto máis orixinal sexa a foto maior puntuación terá. As dúas mellores fotos/recomendacións obterán vales de compra de 30 e 20 E para gastar en materia escolar ou libros nunha das librarías da vila. 

Para Samaín este curso propuxemos un concurso de microrelatos de terror no  que os rapaces teñen que demostrar as súas habilidades como escritores e deixar boar a súa imaxinación. Os premios repartiranse entre as dúas mellores composicións e recibirán entradas de cine e libros.











No hay comentarios: