22.5.19

Visita de Carlos Meixide

Este escritor tan polifacético viunos visitar o luns 20 de Maio e contou as súas experiencias como escritor ante un público ávido de información sobre os seus libros, sobre todo o de Ons, que foi o que leran todos.
                               


Unha rapaza de 2º da ESO fixo a presentación e o noso convidado quedou encantado. Pouco despois empezou a falar dos seus libros, Ons, Guitiriz, Cans... e ante a pregunta dun dos rapaces sobre onde ubicaría o seu próximo libro, Carlos comezou a nomear todos os pobos e cidades galegas por orde alfabético, o que provocou a sorpresa e a sonrisa do público.

                               


 As preguntas que seguiron foron moi variadas e Carlos contestou a todas dun xeito moi divertido. Tamén lles pediu ós rapaces que fixeran algunha crítica dos seus libros porque ten muito en conta as opinións dos seus lectores, e os rapaces contestaron sen tapuxos.

En xeral foi una charla moi amena e rematou coa sinatura dos seus libros e cuns agasallos que dende a biblioteca lles damos ós escritores que pasan por aquí para agradecerlles o seu esforzo. Seguiremos pendientes da súa traxectoria como escritos agardamos volver a velo por aquí.

                               

                               

                               




No hay comentarios: