Os alumnos  de 1º ESO
, para celebrar o día do libro,  fomos
contarlles uns contos  aos nenos de Educación
Infantil dos colexios da Rúa, Coiro-Castrillón e Nazaret. Mentres un alumno lía
o conto, outros íano escenificando para que os nenos puidesen comprender mellor
o que lles estaban a ler.
Os contos representados foron Cando Martiño tivo gana de
mexar na noite de Reis, O conto do
osiño rosa,  Un conto de galiñas, Cocorico, A mosca chosca
e Os tres porquiños.
Foron uns días moi divertidos: fomos andando aos colexios,
puidemos facerlles unha pequeña visita aos nosos anteriores profesores,
disfrazámonos para escenificar os contos,… pero o mellor de todo foi ver o ben
que o pasaron os cativos.
                                              
Javier Pérez, 1º B ESO
| Un momento da representación de Cando Martiño... no colexio da Rúa. | 
| Os alumnos de 1ºA escenifican A mosca chosca. | 
| Agora Os tres porquiños. | 
| No cole de Castrillón, ao final da sesión. | 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario