O xoves, 1 de marzo, o alumnado de 1º e 2º de ESO reuniuse na biblio para contar as impresións das lecturas que fixeran de diferentes obras de Roald Dahl. Os libros lidos foron: Charlie e a fábrica de chocolate, Matilda, As bruxas e Charlie e o gran ascensor de cristal. Todos e todas coincidiron en que Roald Dahl é un autor que hai que ler porque ante todo é moi divertido. Tamén se falou das pelis que se fixeron cos seus relatos e aínda que unhas son máis fieis á obra ca outras, resultan moi gustosas de ver.E, tratándose do autor de Charlie... no
n podía faltar unha degustación de chocolate, sabroso chocolate, aínda que non da factoría do señor Wonka.
Xoves, 12 de abril, á volta das vacacións de Pascua, coa lectura da obra de R.L. Stevenson, A illa do tesouro.
Vémonos de novo en abril! E gozade coa lectura!
n podía faltar unha degustación de chocolate, sabroso chocolate, aínda que non da factoría do señor Wonka. A sesión rematou co recordatorio da seguinte cita:
Xoves, 12 de abril, á volta das vacacións de Pascua, coa lectura da obra de R.L. Stevenson, A illa do tesouro.
Vémonos de novo en abril! E gozade coa lectura!
No hay comentarios:
Publicar un comentario