2.12.21

Concursos varios. Día das bibliotecas/ Samaín

Este curso, como ven sendo habitual, imos organizar varios concursos dende a biblioiteca. Como coincidiu que o "Día das biblioitecas" foi o Domingo, esta semana iremos baixando ós rapaces de primeiro para que coñezan o funcionamento da biblioteca e darlles o seu número de usuario.

Ao mesmo tempo lanzamos un concurso para que participen dende as súas casas enviando unha fotografía do seu libro favorito. Canto máis orixinal sexa a foto maior puntuación terá. As dúas mellores fotos/recomendacións obterán vales de compra de 30 e 20 E para gastar en materia escolar ou libros nunha das librarías da vila. 

Para Samaín este curso propuxemos un concurso de microrelatos de terror no  que os rapaces teñen que demostrar as súas habilidades como escritores e deixar boar a súa imaxinación. Os premios repartiranse entre as dúas mellores composicións e recibirán entradas de cine e libros.











25.10.21

Voluntarios para a biblioteca

 Ola, amig@s.

Este curso non dispoñemos de tódalas horas de garda na biblioteca como viña sendo habitual e por iso pedimos a axuda de alumnos voluntarios que se presten a colaborar nos recreos para liberar un pouco o traballo do profesor e tamén para que se formen neste bonito oficio de bibliotecario. Agardamos que se presenten moitos. Animádevos.




Comezo de curso

Ola a tod@s. 

Despóis de tantos cambios e prohibicións durante o curso pasado, este que comezamos  imos tomalo como un novo comezo cheo de novidades, ilusións e moitas ganas. Aínda que non podemos estar a pleno rendemento xa que as nosas instalacións reducíronse a metade, tentaremos, na medida do posible, facer moitas actividades, concursos, lecturas e saídas que vos iremos comentando tanto por aquí como polo noso perfil de Instagram @bibliorodeira.

Agardamos que vos gusten tódalas propostas e que participedes da maioría delas. Vémonos entre libros.






7.6.21

 Cen anos do pasamento de Emilia Pardo Bazán

    O 12 de maio deste 2021 cumplíronse os cen anos do pasamento da grande escritora galega Emilia Pardo Bazán. 

    Non queríamos deixar pasar esta fecha sen facer unha homenaxe a esta muller que tanto loitou pola igualdade da muller. 

    Propusemos facer un traballo libre basado nun conto deste autora, El corazón perdido. Os rapaces implicáronse moito:





E o resultado foi sorprendente:




DÍA DAS LETRAS GALEGAS




O día das letras galegas foi todo un éxito. As actividades feitas polo Departamento de  Dinamización Lingüística e polo Departamento de Lingüa e Literatura Galega fixeron deste un día moi especial.

Os rapaces participaron adornando as aulas e realizando tarefas relacionadas con esta grande escritora galega. 

Na Biblio aproveitamos para releer as obras desta poetisa acompañadas dunha simpática caricatura de XElA Arias.

Teatro amateur






Os alumnos de 1ºda ESO gustoulles moito a actividade de dramatización e foron quen de facer as súas propias obras teatrais. Moito traballo é un gran resultado. O xurado, Alba Poses e Eloi Gestio de Lingua Galega e Salvador Castro e María Navaza de Lingua Castelá, tiveron que pensalo moito para poder darlles os seus máis que merecidos agasallos: 

1º para Pizza e Pandemia

2º O misterio de Víctor

3º As monxas drogadictas

4º Maldito virus

5º  E o virus chegou o insti

6º Quen dixo virus?

Uns grandes artistas