4.12.08

Libro-forum

A biblioteca convídavos a participar a todos no libro-forum que terá lugar o venres 19 de decembro ás 12:30 na sala de Usos Múltiples. Nesta ocasión, o libro escollido trátase de "O señor Ibrahim e as flores do Corán", de Eric-Emmanuel Schimtt


O libro:

Editorial: Vigo. Faktoría K de libros

Sinopse


Momo é un adolescente xudeu, desorientado e orfo de agarimo. Ibrahim é un tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión da vida marcada pola perspectiva e a experiencia dos anos. Dous habitantes solitarios, no París dos anos 60, que traban unha entrañable amizade que trascende as súas respectivas crenzas. Un aporta vitalidade, o outro sabedoría...Máis que unha novela, tratase dun texto iniciático que apela ao multiculturalismo, a tolerancia e o entendemento entre iguais. A súa lectura reconforta e afortala a nosa confianza na especie humana. Partindo dunha relación pseudo-paternofilial entre os protagonistas, este relato sinxelo e áxil ábrenos a porta a unha reflexión esperanzadora sobre o futuro do mundo no que vivimos. "O señor Ibrahim e as flores do Corán" é o segundo título da Triloxía do invisible, adicada ás principais relixións, da que tamén forman parte "Milarepa" e "Oscar e Mamie-Rose".






A película:
Francia, 2003.Dirección: François Dupeyron.Intérpretes: Omar Sharif (Sr. Ibrahim), Pièrre Boulanger (Momo), Gilbert Melki (pai de Momo), Isabelle Ranauld (nai de Momo), Lola Naymark (Myriam), Isabelle Adjani la estrela).Guión: François Dupeyroney Eric-Enmanuel Schmitt.Fotografía: Rémy Chevrin.Producción: Michèle Petine e Laurent Petin.

... O Señor Ibrahim... supón un refrescante alento de optimismo que devolve a moitos a confianza no xénero humano. É unha película de encontros, entre o social e o individiual, os soños e la realidade, o vello e o novo, entre dúas culturas, entre dúas persoas.

No hay comentarios: